CRTVG

Buscar

Investigadores de Hong Kong detectan o primeiro caso de reinfección por Covid-19

Publicado o 25/08/2020 08:58

Un cidadán de Hong Kong de 33 anos é o primeiro caso documentado de reinfectado por covid-19 no mundo, segundo investigadores da universidade desa rexión chinesa. O paciente curou do virus en abril e, tras viaxar a España, regresou vía Londres e volveu dar positivo a principios de agosto.

Os investigadores hongkoneses cren que non se trata dunha recaída. Din que as dúas cepas que o infectaron son distintas. A segunda vez a infección resultou leve e o home non tiña síntomas da enfermidade.


 

Noticias web

25/08/2020