CRTVG

Buscar

Investigadores da USC obteñen financiamento para desenvolver unha vacina

Publicado o 09/04/2020 19:58
Investigadores da USC obteñen financiamento para desenvolver unha vacina

A universidade de Santiago traballa no desenvolvemento dunha vacina contra a COVID-19. O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares está usando unha nova metodoloxía que permite resultados en tempo reducido e con baixo custo. Fan que células de calquera tipo produzan unhas pequenas esferas dentro das que hai antíxenos contra o virus. Reforzan o sistema inmunitario e xa se comprobou que son moi efectivas con outro tipo de virus.

O ensaio en animais levarao a cabo outro equipo do Centro de Investigación en Sanidade Animal de Madrid. se a investigación dá resultados positivos, o equipo buscará financiamento adicional para iniciar os ensaios clínicos.

Noticias web

09/04/2020