CRTVG

Buscar

Investigadores da UDC buscan a eficacia de medicamentos xa existentes contra a COVID-19

Publicado o 24/04/2020 20:12


Traballan nun laboratorio de informática e de intelixencia artificial. Este equipo de investigadores da Universidade da Coruña utiliza estas ferramentas para atopar algún medicamento efectivo contra a COVID-19. A súa principal liña de investigación é a de descubrir, entre os medicamentos xa existentes, o fármaco capaz de bloquear o paso das proteínas do virus ás células humanas

"Para bloquear esa unión entre o virus e a proteína receptora. Hai que buscar algo que se poña no medio e que a proteína receptora, que lle deixaría pasar, non lle deixe pasar porque non o recoñece, que actúe nun sitio, na proteína receptora da célula ou ben noutro, que sería sobre o virus", explica Alejandro Pazos

Afirman que, se está investigación ten éxito, aforraríase moito tempo e moito diñeiro, xa que o proceso sería case inmediato, a diferenza da elaboración dun fármaco novo

 "No proceso de elaborar un fármaco novo hai que investigar toda a parte de eficiencia, depois, unha vez demostrado que é eficiente, hai que demostrar que é seguro, hai que facer ensaios clínicos moi caros e levan moito tempo", di Alejandro Pazos

O equipo que dirixe Alejandro Pazos xa realizou algún avance, en concreto, dixeron, nun medicamento que se utiliza en oncoloxía. Os resultados da súa investigación poñeranos a disposición dos laboratorios farmacéuticos, onde se realizarán as investigacións in vitro.

Noticias web

24/04/2020