CRTVG

Buscar

Investigado un veciño do Pino por conducir pola A-54 en sentido contrario baixo os efectos do alcol

Publicado o 20/02/2020 19:40
Investigado un veciño do Pino por conducir pola A-54 en sentido contrario baixo os efectos do alcol

A Garda Civil investiga un veciño do Pino (A Coruña) como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria por circular pola autovía A-54 en sentido contrario e baixo os efectos do alcol.

Segundo informou o instituto armado, os feitos ocorreron na madrugada deste xoves, cando varios particulares alertaron da presenza do vehículo circulando en dirección contraria entre os quilómetros 80 e 66 desta autovía.

Ao lugar dos feitos desprazáronse dúas patrullas de tráfico do Destacamento de Tráfico de Santiago, que localizaron o vehículo accidentado no quilómetro 66 e ao condutor no seu interior. Alí, e unha vez que lle foron practicadas as probas, o home deu positivo a alcoholemia.

Por todo iso, a Garda Civil investiga esta persona como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por condución temeraria ao circular co vehículo en sentido contrario ao fluxo establecido, e o segundo por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí