CRTVG

Buscar

Inundacións e danos importantes en Cataluña pola gota fría

Publicado o 23/10/2019 14:21

A chuvia torrencial caída nas últimas horas sobre Cataluña provocou numerosas incidencias, cortes de luz, estradas cortadas e atrasos nos trens de proximidade.

Protección Civil recibiu máis de 3.000 avisos relacionados co temporal e mantén activada en fase de emerxencia o plan por inundacións.

As comarcas interiores de Tarragona son as máis afectadas e nalgunhas localidades como Prades, a auga acumulada superou os 260 litros por metro cadrado, case tres veces máis que na capital tarraconense.

"Mal, mal, mal. Unha preocupación horrible porque a auga subía, subía e subía, e vías alí auga a cachón, era algo bestial, e non sabiamos onde ía chegar".

Unha trintena de estradas permanece cortadas por desprendementos, árbores caídas ou asolagamentos. Os trens de proximidade circulan con atraso en numerosas conexións e entre Mataró e Vilassar, na costa de Barcelona, a grande altura de onda impide utilizar unha das vías.

En toda Cataluña, máis de 25.000 persoas quedaron sen subministración eléctrica polo temporal.

Noticias web

23/10/2019