CRTVG

Buscar

Interior condecora os rescatadores de Julen

Publicado o 26/02/2019 15:56

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, destacou a solidariedade e determinación demostrada por todos os que participaron no rescate do pequeno Julen. Foi durante o acto de entrega das medallas ao Mérito da Protección Civil, nove na categoría de prata e unha con distintivo azul, celebrado na Subdelegación do Goberno en Málaga. Os galardóns foron recibidos por gardas civís, bombeiros, traballadores do servizo de emerxencia e o deseñador da cápsula de descenso ao pozo vertical escavado na finca de Totalán.

Grande-Marlaska transmitiulles aos rescatadores de Julen o agradecemento e admiración de todo o país polo seu esforzo e dedicación. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019