CRTVG

Buscar

Interceptan un home durmido, ebrio e abrazado á súa egua indo pola estrada en Cambre

Publicado o 11/03/2020 14:53

Guiado só pola querenza da egua e posiblemente chegara á súa casa. Así circulaba un veciño de Oleiros, de 61 anos, por esta estrada, a AC-400 en sentido a Sigrás, en Cambre.

"O cabalo... hai que dicir que ía pola súa dereita... O condutor ten que ir a cargo do animal, non o animal a cargo do condutor", di Miguel Soldán Lema, xefe do subsector de Tráfico da provincia da Coruña. 

A cómica escena viuna a Policía Local de Culleredo que inmediatamente alertou a Garda Civil. "Achegouse alí unha patrulla para facerlle a proba de alcolemia e deu positivo nas dúas probas que lle fixeron...".

Na primeira das probas deu 0,73 miligramos por litro en aire respirado. Na segunda, 0,74. Unhas taxas que non lle permitían facerse cargo do animal, así que os axentes puxéronse en contacto cos responsables deste centro ecuestre.

Desta volta si deu negativo. Así que os axentes permitíronlle volver a montar a egua. Agora enfróntase a sancións que poderían acadar os 280 euros.

Amais, a Garda Civil quere deixar claro que os xinetes, ao igual que os peóns, están obrigados a someterse ás probas de alcol e drogas se cometen algunha infracción ou están implicados nun accidente.

Noticias web

11/03/2020