CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor que circulaba a 229 km/h pola A-6

Publicado o 18/01/2020 21:33

A Garda Civil detecta un coche que circulaba a 229 quilómetros por hora no Corgo, na autovía A-6.
Os axentes déronlle o alto ao condutor deste Porsche Panamera este mediodía. Foi pouco despois de que un radar o sorprendera circulando a 229 quilómetros por hora, nun treito limitado a 120.

É o terceiro caso en tres días; outros dous condutores foron detectados o xoves a velocidades próximas aos 200 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020