CRTVG

Buscar

Interceptan un camioneiro na autovía das Rías Baixas que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

Publicado o 09/01/2020 21:08

Un condutor cuadriplicaba a taxa de alcol permitida. Os axentes collérono na autovía das Rías Baixas á altura de Allariz. Estaba facendo un transporte de mercadorías entre Polonia e Vigo. A Garda Civil parouno, fíxolle a proba de alcolemia e o home, de nacionalidade polaca, pasaba catro veces a taxa de alcol permitida.

O camioneiro quedou detido. O vehículo quedou inmobilizado porque non había outro condutor que se fixera cargo del.

Noticias web

09/01/2020