CRTVG

Buscar

Interceptan preto de tres toneladas de cocaína na ría de Arousa

Publicado o 28/03/2020 21:36

A operación conxunta dos grupos especializados da Garda Civil, da Policía Nacional en colaboración co sevizo de Vixiancia Audaneira soprendeu os presuntos narcotráficantes de madrugada e coa droga á bordo. Viaxaban en dúas planadoras repletas de fardos de cocaína e dispúñanse a tomar terra pero logo dunha persecución por mar e aire os axentes logran evitar o desemberco. Detiveron a dúas persoas e incautaron preto de 3 toneladas de cocaína.
Ao parecer, nun intento de fuxida, as embarcacións separaron os camiños. Unha logrou chegar á costa e quedou encallada na desmbocadura do río. A segunda foi remolcada directamente ao porto do Grove, onde foi depositada toda a droga. Durante a travesía, os ocupantes dunha das lanchas intentaron desfacerse da droga tirando ao mar unha parte dos fardos, que foronrecuperados despois polos axentes, preto de Aguiño. Nun illote próximo próximo localizaron 13 paquetes.
A operación continúa aberta baixo segredo sumarial. Segundo fontes próximas non se descartan novos arrestos nas vindeiras horas.

 

Noticias web

28/03/2020