Interceptan en Vigo un condutor drogado, sen carné e sen seguro
Publicado o 06/05/2020 14:26
Interceptado en Vigo un condutor que que dificilmente podía acumular máis infracións: ía drogado, sen carné, sen seguro e coa ITV caducada.
Foi localizado cando circulaba nunha furgoneta a gran velocidade pola VG-20, polo que axentes da Policía Local seguírono ata a avenida de Citroën. Alí déronlle o alto e, cando comprobaron os seus datos, descubriron que fora dado de baixa en Tráfico, e que lle constaban dúas suspensións temporais do carné de conducir. Ademais, o arrestado ten en vigor dúas ordes de afastamento de vítimas de violencia de xénero.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58