CRTVG

Buscar

Interceptan en Lugo un coche coa matrícula pintada con rotulador

Publicado o 23/11/2020 12:59
Interceptan en Lugo un coche coa matrícula pintada con rotulador

A Policía Local de Lugo deu cun caso sorprendente cando realizaba os operativos habituais de vixilancia durante esta fin de semana.

Nos controis detectaron cinco vehículos que circulaban sen o seguro obrigatorio. Ata aquí todo case normal, pero é que un deles, de matrícula estranxeira, levaba os números e as letras da placa pintadas con rotulador permanente, como poden ver nestas fotografías que difundiu a Policía Local.

Noticias web

23/11/2020