CRTVG

Buscar

Interceptados dous veciños do Porriño, un sen permiso de conducir e o outro bébedo e con el retirado

Publicado o 01/06/2020 13:08

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron esta fin de semana na estrada que une Mosende co Porriño dous condutores que circulaban sen ter o permiso de conducir. Os dous son veciños deste último concello pontevedrés. O primeiro, de 28 anos, nunca chegou a dispoñer do carné. Pero o máis grave sucedeu un pouco máis avanzada a madrugada cando a patrulla detivo outro home, de 30 anos, que tiña retirado o permiso tras perder todos os puntos e aínda así conducía baixo os efectos do alcol.

 

Noticias web

01/06/2020