CRTVG

Buscar

Interceptan un motorista en Verín cunha bombona e baixo os efectos do alcol

Publicado o 27/07/2019 10:51

A Garda Civil colgou unha imaxe na súa conta de Twitter que xa se volveu viral. Déronlle o alto a un motorista que transportaba unha bombona de butano e que ademais o facía baixo os efectos do alcol. Descubrírono nun control rutineiro en Verín. O condutor, un cidadán portugués, terá que pagar unha multa de 800 euros.

 

Noticias web

27/07/2019