CRTVG

Buscar

Interceptado na Veiga un home que triplicaba a taxa de alcol, ocupaba toda a vía e case tira un garda civil en moto

Publicado o 29/05/2020 12:14

A Garda Civil de Tráfico interceptou un home de 63 anos veciños do concello ourensán da Veiga que circulaba triplicando a taxa de alcol.

Os axentes que vixiaban as estradas na zona localizaron o condutor na OU-121, no termo municipal da Veiga, cando case invade o carril contrario e a piques estivo de tirar co seu todo terreo un dos axentes en moto. Con síntomas evidentes de intoxicación alcólica, fixéronlle a proba, deu positivo e triplicaba a taxa permitida.

O caso foi trasladado ao Xulgado do Barco en calidade de investigado por un presunto delito de condución temeraria.


 

Noticias web

29/05/2020