CRTVG

Buscar

Intentan roubar en dous negocios da Coruña e marchan coas mans baleiras

Publicado o 15/07/2020 16:23

A Policía Nacional da Coruña anda á procura de dous delincuentes que intentaron, sen éxito, roubar en dous negocios do barrio dos Castros. Actuaron de madrugada e marcharon dos dous coas mans baleiras.

Primeiro intentárono neste bar da avenida da Concordia. Aquí, armados cunha pata de cabra, rebentaron a reixa do local e unha vez no interior atopáronse coa máquina comecartos blindada, polo que nin intentaron forzala.

De aquí marcharon a unha administración de loterías, situada na mesma rúa, pero bastoulles con romper e levantar un pouco a reixa para ver que estaba completamente blindada.

Os axentes que se encargan da investigación cren que se trata de ladróns de escaso percorrido porque os especialistas non entran nos bares que teñen blindadas as comecartos e moito menos nun despacho de loterías.

Noticias web

15/07/2020