CRTVG

Buscar

Intentan agredir o persoal sanitario do hospital de Verín por non darlle preferencia a un familiar

Publicado o 25/06/2019 12:14

Unha familia de etnia xitana causou a alarma esta fin de semana no hospital de Verín. Supostamente, ameazaron e mesmo intentaron agredir o persoal sanitario por non darlle preferencia ao familar que esperaba para ser atendido. Ao parecer, esnaquizaron un ordenador, escacharon os cristais dunha separación e mesmo tiraron coas mesas.

Era un grupo numeroso e algúns pacientes, atemorizados, mesmo fuxiron de urxencias temendo que a situación se descontrolase. Activouse o protocolo existente nestes casos. Actuaron, ademais dos propios axentes de seguridade cos que conta o centro, a Policía Local e tamén acudiu a Garda Civil.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019