CRTVG

Buscar

Intenta atropelar dous gardas civís que lle deran o alto en Gondomar

Publicado o 20/05/2020 14:16

A Garda Civil detivo un home que intentou atropelar os axentes que lle deron o alto ao ver que conducía sen cinto en Gondomar. O arrestado, de 26 anos, viaxaba nunha furgoneta pola estrada PO-331. Cando os axentes observaron que non levaba o cinto, indicáronlle que se detivera, pero este emprendeu unha fuga a gran velocidade na que estivo a punto de colidir con outros condutores que ían en sentido contrario. Tras varios volantazos e freadas bruscas intentando tirar os axentes das motocicletas, acabou chocando contra un muro.

Noticias web

20/05/2020