CRTVG

Buscar

A CRTVG propón un debate cos sete principais candidatos o 29 de xuño

Publicado o 20/06/2020 22:40

Unha semana antes de que comece a campaña para as eleccións autonómicas, a CRTVG remitiulle á Xunta Electoral o plan de cobertura.

Os medios públicos galegos farán un intenso despregamento para ofrecerlle á cidadanía toda a información das diferentes opcións políticas. Durante os quince días de campaña, a CRTVG ofrecerá 9 debates e 14 entrevistas personalizadas con todos os líderes políticos. O debate entre os principais candidatos será o luns 29 de xuño, ás nove e media da noite. Será retransmitido en directo na TVG, na Radio Galega e nas canles dixitais da corporación.

Noticias web

20/06/2020