CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis para evitar os desprazamentos a segundas residencias na fin de semana

Publicado o 03/04/2020 16:52

Fin de semana de moitos desprazamentos que coincide ademais coa Semana Santa. Para evitar que a xente marche a segundas residencias intensifícanse os controis nas estradas.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Garda Civil van intensificar os controis nas estradas de saída das grandes cidades para evitar os desprazamentos a segundas residencias con motivo da fin de semana e da proximidade de Semana Santa. Segundo lembraron este venres ambas  institucións, debido pola situación excepcional na que se atopa o país pola crise sanitaria do coronavirus, só están permitidos os desprazamentos para servizos esenciais.

Os controis realizaranse en todo tipo de vías e os axentes comprobarán o motivo do desprazamento. Poderán denunciar os condutores en caso de incumprimento das restricións establecidas. A fin de semana anterior, 28 e 29 de marzo, a Garda Civil realizou máis de 7.000 controis, nos que se parou a máis de 128.000 vehículos e interpuxéronse 3.700 denuncias. 

Noticias web

03/04/2020