CRTVG

Buscar

Intensifícanse os controis nas principais rutas moteiras

Publicado o 20/05/2020 14:17

A Garda Civil está a intensificar tamén os controis nas principais rutas moteiras para erradicar comportamentos de risco. Ante o notable incremento da circulación deste tipo de vehículos tras a entrada na fase 1 da crise pola COVID-19, están a vixiar as estradas máis concorridas. Os axentes fan fincapé en que se respecten as normas do estado de alarma, pero tamen en controlar a velocidade, manobras perigosas ou as condicións técnicas das motos.

Noticias web

20/05/2020