Intensifican os controis policiais en Lugo polos malos datos de contaxios
Publicado o 20/11/2020 14:20
"De onde vén? Ten xustificante?". Son as preguntas máis repetidas nas últimas horas en Lugo, onde se intensificaron os controis policiais para vixiar as entradas e saídas da cidade sen causa xustificada. E non todos cumpren.
Malia as molestias, os condutores aproban que haxa máis control. Este dispositivo especial chega polos malos datos dos contaxios en Lugo, que poderían deberse a unha posible relaxación da que non había constancia.
Ademais dos accesos os axentes controlan zonas comerciais ou lugares onde se pode concentrar moita xente, como os centros educativos.