CRTVG

Buscar

Instalan un segundo albergue social en Pontevedra

Publicado o 09/04/2020 14:30

Persoal da Cruz Vermella e do Concello de Pontevedra efectuaba os últimos preparativos nas horas previas á apertura doutro albergue para persoas sen teito. No Multiusos da Xunqueira dispuxeron medios para acoller cincuenta persoas nun espazo con zona exterior incluída para permeneceren todo o día mentres dure o estado de alarma. Este albergue social cobre amplamente a posilble demanda pendente de acubillo despois do instalado na Raíña da Paz, no que pasan o confinamento 24 persoas.
 
"Pois agora está cheo e, como levan tres semanas, están moi adaptados entre eles, chega o momento de coller o resto de persoas que noutra situación non quererían ir a un albergue social, pero que neste momento en que a policía os para seguido, que xa non hai xente nas rúas a quen pedirlles cartos, élles moito máis complicado encontrar sitio onde durmir pola súa conta... é unha opción que logremos acollelos e logren ir a un servizo normalizado".

Noticias web

09/04/2020