CRTVG

Buscar

Instalan un bambán sobre o río Miño en Tui

Publicado o 28/07/2020 21:13

Os reflexos do río Miño en Tui convértense en máxicos cada vez que se contemplan. E nesta contorna, e para convertela nun lugar envexable, instalaron un babán dentro dunha gran pérgola. O balancín permite divisar dunha ollada o río e Portugal fronte á nosa mirada.

Tui non compite por ter o bambán coas mellores vistas, só quere que a xente goce da beleza do sinxelo. A sona do bambán fai que moitos mozos se acheguen ata Tui para fotografalo e inmortalizar ese momento nas redes sociais.

Seguro que este particular bambán se converte no protagonista de máis dunha escena romántica.

Noticias web

28/07/2020