CRTVG

Buscar

Por primeira vez nas dúas últimas temporadas, o Celta comeza a semana como pechacancelas

Publicado o 23/11/2020 13:36

O fútbol vertical e a velocidade de execución, co equipo movéndose por xunto, apareceron durante uns minutos no Pizjuán, pero Coudet chega moi apurado de tempo.

En realidade o torneo non empeza agora, leva xa dez xornadas e unha preparación física de emerxencia pode ter consecuencias indesexables, como demostraron os vinte últimos de partido e desfeitas coma esta do catro dous cunha perda de balón por fatiga de materiais.

O Celta pecha a cancela da clasificación con sete puntos e agora ten ao Valladolid a dous na posición de corte cos postos de descenso. A arriscada aposta dun cambio de técnico a estas alturas, e co equipo xa feito, reborda contradicións.

O reloxo non se detén e aló ao fondo xa poden verse o Granada, Athletic, Cádiz e Alavés. Catro partidos para corrixir o rumbo de colisión co que navegan os celestes. Ao Celta cómprelle, cando menos, recuperar o seu perfil máis casandrego garantindo os seis vindeiros puntos de Balaídos, unha fortaleza de antano en que tamén esta feito un equipo desbaldidor.

Noticias web

23/11/2020