CRTVG

Buscar

Iniciativas solidarias para os maiores

Publicado o 16/03/2020 12:05

"A cidadanía ten que dar un paso o frente, esa é a razón principal pola que o longo destes días estivemos pensando cómo botar unha man. e o que se nos ocurriu foi tentar axudar a xente maior de 65 anos para que non teñan que saír da casa durante estas semanas".

Comezarán por facerlles a compra, nos vindeiros días achegaranlles menús por menos de catro euros e mesmo irán por eles a farmacia se o que precisan son medicamentos sen receta. Os pedidos fanse a través dun teléfono fixo, o 988 01 13 74, chegan a porta da súa casa e páganse con tarxeta nunha TPV para evitar posibles contaxios.
 
"É un perfil estratéxico nesta provincia, porque aquí temos moita xente maior que está nas súas casas. As persoas novas poden ter acceso as plataformas on line para facer as compras, pero pedirllo a xente maior é un tanto iluso. Esa é a razón fundamental pola que nós decidimos habilitar non unha plataforma senón un teléfono fixo o que a xente pode chamar dende a súa casa para centralizar todos estes pedidos: de comidas preparadas, de comidas do supermercado..., e, polo tanto, nós xa nos encargamos de falar cos proveedores e que llos fagan chegar a súa casa no menor tempo posible."

A iniciativa ten, ademais, unha dobre vertente.

"Estamos minimizando as posibilidades de que poida haber maior número de infectados, porque son persoas que cando saen a rúa, cando van ao supermercado, cando van á farmacia ou cando van mercar comidas preparadas, teñen máis posibilidades de ter o virus e, polo tanto, de infectarse".

Os voluntarios da asociación atenderán as solicitudes de luns a venres de dez da mañá as seis da tarde. Polo de agora, na cidade de Ourense e a súa contorna. Non desbotan ampliar o seu radio de acción a outras zonas da provincia no caso de conseguir novos patrocinadores.

Noticias web

16/03/2020