CRTVG

Buscar

Ingresan nun centro de menores tres acusados da violación en grupo de Alacante

Publicado o 29/03/2019 16:50

O Xulgado de Menores número 2 de Alacante acordou o internamento dos tres investigados en réxime pechado así como unha orde de afastamento e prohibición de comunicarse coa vítima mentres se tramita o procedemento. Estes tres adolescentes estaban baixo a custodia dos seus pais coa obrigación de comparecer ante a Fiscalía de Menores sempre que fosen requiridos, tras ser detidos. O cuarto menor presuntamente relacionado con este caso atópase desde hai tempo vivindo en Francia, está identificado e localizado. Os pais deste mozo manifestaron e acordaron que o traerán a España para que compareza ante a Fiscalía. No caso de que non viñese, ditaríase unha orde europea de detención e entrega. A agresión sexual produciuse en xullo de 2018, pero a denuncia non se interpuxo ata o pasado 1 de marzo. Os catro menores son compañeiros de estudos da vítima.
 

Noticias web

29/03/2019