CRTVG

Buscar

Ingresan en prisión os nove líderes da banda que fabricaba tabaco ilegal en Ourense

Publicado o 23/08/2020 13:01
Ingresan en prisión os nove líderes da banda que fabricaba tabaco ilegal en Ourense

O xulgado de garda en Ourense enviou a pirisón a nove dos 25 detidos o xoves nunha operación contra o contrabando de tabaco. Considera que son os líderes da organización criminal.  Estas nove persoas, conforme as investigacións da Garda Civil, son as que realizaban traballos de seguridade e o condutor da carga, mentres que o resto de detidos eran traballadores da rede.

A maioría dos arrestados, 19 deles, eran de nacionalidade ucraína, pero tamén había dous romaneses, tres moldavos e un portugués aos que se lles imputan delictos de contrabando, pertenza a organización criminal e delictos contra a saúde pública e a propiedade intelectual. A operación "Straperlo" realizada polo GRECO da Policía nacional en Galicia, a Policía Xudicial da Garda Civíl de Ourense e a unidade de vixilancia Aduaneira de Ourense, permitiu desmantelar a organización e incautar 150 toneladas entre folla e picadura de tabaco e 250.000 cigarros de Marlboro falsos, cun valor estimado de 21 millóns de euros.

 A materia prima, picadura de liar, chegaba de varios países por vía terrestre para fabricar nas instalacións que tiñan en Cambeo en Ourense, en Ponteareas ou en Valladolid os cigarros coa intención de vendelos no mercado ilegal.