CRTVG

Buscar

Ingresa en prisión un home acusado de intentar matar a súa muller en Meis

Publicado o 19/07/2020 13:45

Un home de 45 anos veciño de Meis ingresou en prisión por un suposto intento de homicidio, que sería un novo caso de violencia machista. O acusado intentou matar a súa muller botándolle gasolina por riba. Os feitos sucederon o venres no domicilio familiar no lugar de Noval, na parroquia de Paradela, en Meis. Na casa estaban o home, a muller, un fillo e a nai da muller.

Despois dunha forte discusión da parella, o home abandonou o fogar. Supostamente foi a unha gasolineira, onde mercou un bidón con cinco litros de combustible. Regresou ao fogar e asperxeu a gasolina pola cociña e mesmo contra a muller, de 39 anos. Ameazou con queimala, pero ata o lugar chegou unha parella da Garda Cvíl avisada pola muller mentres o home estaba fóra.

Os axentes detivérono, e este sábado ingresaba en prisión tras pasar polo xulgado de Cambados por un suposto delicto de homicidio en grao de tentativa.

Noticias web

19/07/2020