Ingresa en prisión o home detido como suposto autor do intento de roubo dunha vivenda en Vigo
Publicado o 28/11/2020 18:57
Este sábado ingresaba en prisión o home detido como presunto autor do intento de roubo nunha vivenda en Vigo. Mentres, a Policía busca outros tres homes implicados no asalto que conseguiron fuxir. Os investigadores pensan que podería tratarse dunha banda itinerante. Hai imaxes gravadas polas cámaras de seguridade da urbanización, pero as súas identidades aínda non están confirmadas.
Foron os veciños da zona os que alertaron da súa presenza. No momento da detención os axentes realizaron varios disparos ao aire.
Máis sobre Vigo
22/01/2021 20:24
21/01/2021 15:18