CRTVG

Buscar

Infraestruturas inviste 160 millóns de euros en obra pública

Publicado o 13/04/2020 15:17

A obra pública é vital para a recuperación do sector da construción en Galicia. Esta mañá, a conselleira de Infraestruturas mantivo unha videoconferencia coas organizacións galegas do ramo.

Ethel Vázquez informounos da reactivación inmediata deses traballos e a axilización dos trámites administrativos. O seu departamento vai investir 160 millóns de euros, o que garante 1.400 postos de traballo durante este ano.

Noticias web

13/04/2020