CRTVG

Buscar

Industria impulsa a competitividade das pequenas empresas

Publicado o 13/12/2019 15:44

Para evitar que as grandes multinacionais acaben coas pequenas empresas, a Xunta pon en marcha novas ferramentas que lles axuden a optimizar a súa xestión e o transporte das mercadorías.

"Imos promover centros de servizo ao transporte por estrada en Galicia; imos impulsar unha plataforma dixital que lles permita establecer encargos loxísticos ás empresas para que poidan transportar dunha forma competitiva os seus produtos", dixo o conselleiro de Industria Francisco Conde. 

Noticias web

13/12/2019