Industria cita o fondo suízo Parter para coñecer os seus plans para Alcoa
Publicado o 17/06/2019 12:41

O ministerio de Industria citou mañá a unha reunión os gobernos de Galicia e Asturias e o fondo suízo Parter Capital, interesado nas fábricas de Alcoa da Coruña e Avilés, para coñecer o seu proxecto industrial.
Hoxe, varios membros do comité de empresa da planta asturiana viaxan a Alemaña para coñecer as instalacións do fondo alemán Quantum Capital Partners, que inicialmente quedou fóra da poxa ao interesarse só pola factoría de Avilés.
O 1 de xullo execútase o despedimento colectivo pactado en xaneiro se non se formaliza a venda.
Máis sobre actualidade
25/01/2021 15:49
25/01/2021 15:11