CRTVG

Buscar

Inditex adianta a este mércores as rebaixas

Publicado o 23/06/2020 21:08
Inditex adianta a este mércores as rebaixas

O grupo Inditex non agarda a xullo e adianta as súas rebaixas de verán. Comezarán a tardiña do mércores nas tendas en liña e o xoves nos establecementos físicos.

Tras a crise sanitaria polo coronavirus, a multinacional toma esta decisión para darlle saída ao stock de pezas que foron acumulándose nos meses do confinamento.

Ata o de agora as rebaixas nas tendas do grupo sempre comezaban a partir do 1 de xullo. O grupo pechou os meses entre xaneiro e abril cunhas perdas de 409 millóns de euros, e a facturación reduciuse un 44,3%.

Noticias web

23/06/2020