CRTVG

Buscar

Indignados os veciños de Ourille en Rianxo porque levan tres meses sen teléfono fixo nen internet

Publicado o 06/12/2019 15:03

Os veciños dun lugar de Rianxo levan 3 meses denunciando fallos constantes no servizo telefónico e o acceso a internet. A indignación aumenta día a día entre os afectados porque din que, malia as suas reiteradas denuncias, a compañía non toma medidas para arranxar a rede. 

Isto é o que se oe nos teléfonos fixos de Ourille, cando se oe algo... Os veciños das 26 casas deste lugar da parroquia de Taragoña, en Rianxo, levan desde setembro denunciando o mal funcionamento do servizo e os problemas que isto lles ocasiona.

Os móbiles tampouco teñen boa cobertura nesta zona e a desesperación dos veciños vai a máis diante da falta de resposta da empresa responsable do servizo.

Consideran que é inxustificable que se manteñan estas deficiencias, cando estan só a dous quilómetros da estación de distribución de Taragoña e acusan a compañía de abandono e mal mantemento da rede.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2019