CRTVG

Buscar

Incógnitas sobre o final da temporada futbolística

Publicado o 04/04/2020 14:39

 

 


Son moitas as incógnitas ante o final da temporada futbolística. Varias frontes abertas con solucións incertas no aspecto competitivo, económico e laboral. Porque os xogadores están dispostos a aceptar rebaixas salariais, pero non do calibre que pide a Liga. Na xuntanza de onte da AFE cos capitáns de primeira división avogouse por negociacións con cada club, e lonxe do 50 por cento de desconto suxerido por Javier Tebas. Ademais, non ven clara a necesidade de aplicar expedientes reguladores temporais de emprego. Hoxe desenvolveuse unha videoconferencia cos capitáns da segunda división e en vindeiras datas farase tamén co resto de categorías. Ao presumible conflcto laboral engádase á incerteza sobre o final dos campionatos. O protocolo proposto pola Liga xera dúbidas sobre a posibilidade real do seu cumprimento. E se ben todos os estamentos coinciden en que hai que terminar as competicións, xa se consideran outros escenarios. Porque a Federación vería ben ocupar datas da vindeira temporada para rematar a actual, para a UEFA e a Liga posiblemente prefiran que a vindeira campaña se dispute con normalidade. Iso obrigaría a dar por finalizadas as competicións en curso, se é que non se poden terminar antes do final de agosto. Iso si, o máximo organismo europeo esixe que se esgoten os prazos para intentalo. Non quere que se estenda o exemplo de Bélxica. Pero ao final, a pandemia mandará e a temporada pode terminar sen xogar un só partido máis. Nese suposto, todo indica que en España non habería descensos, e a vindeira temporada a primeira división tería 22 equipos, coa incorporación do Cádiz e o Zaragoza.

 

 

Noticias web

04/04/2020