CRTVG

Buscar

Incerteza no Deportivo por un posible ERTE

Publicado o 30/03/2020 14:58

• O club informará esta semana aos xogadores para avaliar as diferentes opcións

Din no Deportivo que están estudando todas as opcións posibles, dende un recorte salarial ata un ERTE. Os futbolistas agardan pola decisión, con incertezas.

"En principio, non vai haber ningún ERTE, pero esta semana hai unha xuntanza. Temos incerteza", declarou Sabin Merino.

O club informará esta semana aos xogadores para avaliar os diferentes escenarios. Segue a corentena, mais o vestiario cre que a Liga volverá.

Noticias web

30/03/2020