CRTVG

Buscar

Incerceptan un ciclista que triplicaba a taxa de alcol permitida circulando por Verín ás tres da mañá

Publicado o 19/06/2020 14:06

A Garda Civil interceptou en Verín un ciclista que triplicaba a taxa máxima de alcol permitida. Circulaba ás tres da mañá pola estrada de Laza.

Segundo os axentes, ía facendo eses dun lado ao outro da vía. Unha condución errática e neglixente que os levou a paralo e facerlle a proba de alcolemia. Deu 0,83 miligramos por litro de aire expirado, tres veces máis do permitido.

A pesar destes resultados, a sanción tan só será administrativa polo tipo de vehículo que manexaba, unha bicicleta eléctrica. A contía da multa ascende a mil euros. O home, de 29 anos, tivo que continuar o seu camiño a pé.

Noticias web

19/06/2020