CRTVG

Buscar

Incendio eléctrico nunha panadería de Ourense

Publicado o 18/10/2020 19:48

Son as imaxes dun chamativo incendio que houbo esta tarde en Ourense. O que ven entre fume e pequenas explosións é como arde o cableame eléctrico e o rótulo dunha panadería da rúa Greco, no barrio do Couto. Foi preciso cortar a subministración eléctrica e a do gas para poder sufocar as lapas. Con todo, e segundo informan os bombeiros de Ourense, non houbo danos persoais e tampouco danos materiais no interior do negocio.

Noticias web

18/10/2020