CRTVG

Buscar

Incéndiase nunha estrada en México un presunto avión do narcotráfico

Publicado o 06/07/2020 09:03

Un avión do narcotráfico que presuntamente transportaba drogas incendiouse ao aterrar nunha estrada en México. Aconteceu en Quintana Roo, rexión turística do Caribe de México. Avións do Exército perseguían a aeronave cando os seus tripulantes decidiron aterrar e prenderlle lume na súa fuxida, despois de ser perseguida por avións do Exército. Pouco máis tarde, nun lugar próximo, os militares atoparon unha camioneta que contiña 390 quilos de cocaína, cun valor estimado duns 4 millóns.

Noticias web

06/07/2020