CRTVG

Buscar

Urdangarín volve á cadea de Brieva tras o seu primeiro permiso penitenciario

Publicado o 28/12/2019 18:43

Iñaki Urdangarín volveu esta mañá á prisión de Brieva, onde cumpre condena por malversación, prevaricación, fraude, delitos fiscais e tráfico de influencias. Foi o seu primeiro permiso, desde que ingresou na cadea en xuño de 2018.

O home da infanta Cristina regresou hoxe ó cárcere despois de pasar o Nadal en Vitoria coa familia. A piques de cumprir un cuarto da condena, a espectativa do xenro do rei é acadar o terceiro grao, algo que xa solicitou varias veces e que lle foi denegado. En xaneiro correspóndelle a revisión do seu internamento e aí determinarase se xa pode pasar o día fóra e pernoctar na cadea.

Noticias web

28/12/2019