CRTVG

Buscar

Illado, aínda que con PCR negativa, Gonzalo Caballero

Publicado o 19/08/2020 19:33
Illado, aínda que con PCR negativa, Gonzalo Caballero

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, permanecerá, seguindo o protocolo, 48 horas sen contactos tras unha PCR negativa precedida de febre e outras molestias. El mesmo describe a súa situación na súa conta oficial de Twitter, nunha mensaxe colgada na tarde deste mércores: "Estiven onte con febre e outras molestias, e fixéronme unha PCR que deu negativo, pero seguindo o protocolo debo estar 48 horas sen contactos". "Estou ben, pero mañá debo quedar na casa", especifica, e con iso anuncia que non estará presente na constitución das comisións do Parlamento. 

 

O presidente do Parlamento galego convocou para o próximo luns os portavoces dos grupos parlamentarios para a rolda de consultas que rematará coa proposta de Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia da Xunta. As consultas empezarán ás dez e media da mañá por orde de menor a maior: o presidente do Parlamento reunirase primeiro co PSdeG, despois co BNG e finalmente co PPdeG. O pleno de investidura está previsto que se celebre entre o 1 e o 3 de setembro.

Noticias web

19/08/2020