CRTVG

Buscar

Illa vincula a celebración dos comicios á evolución da pandemia

Publicado o 13/05/2020 18:07

O ministro de Sanidade lembrou que foron razóns sanitarias as que obrigaron a aprazar as eleccións autonómicas e que a súa celebración en xullo dependerá tamén da evolución da pandemia. Salvador Illa, ministro de Sanidade: "Eu estou seguro que todo o mundo vai actuar con suma prudencia e imos ver se a evolución da epidemia nos permite que nun horizonte próximo se celebren eleccións. Cousa que eu desexaría porque significaría que seguimos neste camiño de vencer a epidemia no noso país".

Noticias web

13/05/2020