CRTVG

Buscar

Illa, no Congreso: "Debemos estar preparados para calquera escenario"

Publicado o 23/09/2020 21:11

O Goberno pídelles aos cidadáns que descarguen a aplicación Radar-Covid, por considerala unha ferramenta moi útil para frear a pandemia. Xa o fixeron case catro millóns e medio de persoas e está operativa en 16 comunidades.

O ministro de Sanidade asegurou no Congreso que o acceso universal á vacina vai tardar, pero contan con poder ter a finais de ano doses suficientes para os colectivos de máis risco. Illa asegurou que a segunda onda de coronavirus é menos intensa e máis lenta, pero non se sabe como vai evolucionar. 

"A situación epidemiolóxica é dinámica e cambiante e debemos estar preparados para todos os escenarios, podendo activar os plans de continxencia nun período moi curto, como prevé o plan de resposta temperá pactado en xullo polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas".

Noticias web

23/09/2020