CRTVG

Buscar

Ilesos os 53 pasaxeiros dun tren Santiago-Vigo que descarrilou en Pontevedra

Publicado o 04/12/2020 06:33
Ilesos os 53 pasaxeiros dun tren Santiago-Vigo que descarrilou en Pontevedra

Un tren rexional que facía a viaxe entre Santiago de Compostela e Vigo con 53 pasaxeiros a bordo descarrilou a noite deste xoves nas proximidades de Pontevedra sen que ningunha persoa resultase ferida.

O accidente produciuse contra as 21 horas á altura de Cerponzóns, parroquia de Pontevedra situada a uns oito quilómetros da cidade. No convoi viaxaban 53 persoas, ningunha das cales quedou ferida no descarrilamento, segundo informou o 112 Galicia.

Todas foron transbordadas a outro tren para seren trasladadas ao seu destino. Habilitouse outra vía, polo que os convois poden circular.