CRTVG

Buscar

Iglesias non comparecerá no Congreso polo caso Dina

Publicado o 14/07/2020 17:00

O PSOE e Unidas Podemos frearon na Mesa do Congreso a posibilidade de que Pablo Iglesias comparecera no Congreso polo caso Dina. Os dous partidos teñen maioría no órgano de goberno do Congreso. A solicitude fora presentada por PP, Vox e Ciudadanos.

Tanto os socialistas como os de Iglesias entenden que o roubo da tarxeta SIM da ex-asesora do vicepresidente se trata dun asunto privado, polo tanto, alleo ao control parlamentario ao que está sometido o Goberno.

O PP tamén pediu que se reunira a Deputación Permanente do Congreso, ao ser xullo un mes inhábil a efectos parlamentarios.

Hai dúas semanas Iglesias amosou a súa disposición a comparecer no Congreso, sempre que fose nunha comisión máis ampla na que se tratasen outros aspectos, que o vicepresidente do Goberno cualifica como "cloacas do Estado".

Noticias web

14/07/2020