CRTVG

Buscar

Iglesias nega irregularidades nas contratacións do seu departamento durante o estado de alarma

Publicado o 03/11/2020 21:10

Pablo Iglesias explicou no Senado que os contratos menores e de emerxencia subscritos polo IMSERSO e o Instituto da Xuventude durante a pandemia cumpriron todos os requisitos legais. Respondía así ao Partido Popular, que se facía eco dunha denuncia do xornal El Mundo.

María Teresa Ruíz-Sillero, PP: "Vostede oculta 26 contratos realizados durante o estado de alarma para combater a pandemia".

Pablo Iglesias, vicepesidente segundo do Goberno: "Vostedes normalizaron a mentira. Tanto a dereita política como a mediática asumiron que mentir é lexítimo políticamente, non importa que logo as acusacións queden en nada".

Os populares acusaron a Sánchez de fuxir do control parlamentario e dos acordos de estado co principal partido da oposición. Javier Maroto Voceiro do PP no Senado.

"Non buscan o consenso, buscan a submisión. Non buscan os acordos, queren servilismo e ter a oposición como o público neses programas de televisión en que se lles di cando teñen que aplaudir".

E o Goberno reprocháballe ao PP o seu papel durante as negociacións europeas polos fondos de recostrución. 

Carmen Calvo, vicepresidenta primeira do Goberno: "Dando voltas e falando mal do seu país, desprestixiando a democracia española, non botando unha man nunca".

O PP volveu criticar a ausencia de Pedro Sánchez noutra sesión de control.

Noticias web

03/11/2020