CRTVG

Buscar

Iglesias insiste en Vigo en que son a única opción para un goberno progresista

Publicado o 25/04/2019 21:34

Pablo Iglesias estivo hoxe en Galicia para apoiar os candidatos galegos de En Común-Unidas Podemos. No mitin de Vigo, Iglesias insistiu en que son a única opción para levar adiante un programa progresista no próximo goberno.

Pablo Iglesias arroupou en Galicia aos candidatos de En Común Unidas Podemos na recta final desta campaña. Iglesias pediu o voto para frear políticas de dereitas no próximo goberno.

Iglesias tamén visitou a lonxa da Coruña, onde insistiu na necesidade de mellorar as negociacións das cotas pequeiras para apoiar un sector fundamental na xeración de emprego en Galicia.




 

Noticias web

25/04/2019