CRTVG

Buscar

Iglesias defende a emenda antidesafiuzamentos e Calviño acúsao de "buscar visibilidade"

Publicado o 18/11/2020 14:31

Das 3.800 emendas parciais que rexistraron os partidos aos presupostos, unha delas colleu completamente por sorpresa o PSOE: a que presentou Podemos con Esquerra e Bildu pedindo frear os desafiuzamentos ata 2023. Os socialistas non sospeitaban que os seus socios de Goberno fosen emendar as súas propias contas, pactadas previamente.

Corroborábao esta mañá a ministra de Asuntos Económicos, quen asegurou que non estaba ao tanto da súa presentación. 

"Nestes dous anos e medio que levo en España vexo en moitas ocasións accións que responde á busca de visibilidade ou tratando de ocupar un espazo", apuntaba Nadia Calviño nunha entrevista radiofónica. 

Para o PSOE, esa emenda non ten cabida nos presupostos, pero Iglesias mantén a presión. Nas redes sociais asegura que non os votaron para facer amigos, senón para empuxar coas forzas que teñen para reverter algunhas inxustizas. Gobernar é iso, di o vicepresidente.

A estratexia foi criticada nunha entrevista pola líder dos socialistas vascos. Para Idoia Mendia "demostra que non saben ser nin goberno nin goberno de coalición". A pesar do desencontro, o Goberno espera aprobar as contas a final de ano.

Noticias web

18/11/2020