Iglesias defende a celebración do referendo no Sáhara
Publicado o 17/11/2020 15:32

O vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, defende nas redes sociais un referendo de autodeterminación no Sáhara. Faino cun chío en que reproduce parte dunha resolución do Consello de Seguridade das Nacións Unidas para que se celebre un referendo libre e imparcial para a libre determinación do pobo do Sáhara Occidental.
Iglesias desmárcase así da cautela expresada polo executivo español en plena escalada da tensión no Sáhara.
Máis sobre actualidade
23/01/2021 21:54